Plan de choque: Obxectivos: Aforro de auga

Sistema automático de filtración por aneis en parcela O usuario agrario constitúe o maior consumidor de auga dentro do país, indo ao regadío preto dun 63,3% do total da auga consumida. Un dos principais obxectivos do Plan de Choque é promover o aforro de auga, ata 1.162 Hm3/ano, cambiando a imaxe do regadío, de desbaldidor e contaminador, a xestor eficiente da auga e garante do medio ambiente.

Para isto preténdese optimizar o uso de auga dispoñíbel mediante actuacións como son a modernización dos sistemas de transporte, distribución e aplicación da auga en parcela, a elección de cultivos con variedades menos esixentes en auga, ou o emprego de recursos hídricos alternativos aos convencionais, como son as augas desalgadas e as augas rexeneradas.

Sistema móbil de rego por aspersión con tubaxe de aluminio a nivel de parcela O obxectivo destas accións non só se reduce a obter un aforro de auga na zona obxecto de actuación. Considérase necesario dar un paso máis na modernización dos nosos regadíos, incorporando aos regantes á sociedade da información a través da implantación de modernas tecnoloxías de comunicacións no medio rural, para acadar unha maior eficiencia hídrica e económica do regadío.

Preténdese así superar a dualidade existente entre o regadío moderno e altamente tecnificado das explotacións máis competitivas e o regadío obsoleto e de baixa eficiencia hídrica que provoca enormes perdas dun recurso escaso como é a auga.

Por outro lado, a modernización do regadío implica a creación de emprego de calidade, capaz de xestionar doutra maneira a auga de rego, e o desenvolvemento dun potente sector de servizos ligado ao sistema agroindustrial asociado ao regadío. A diversificación das características de emprego posibilita a participación de todo tipo de traballadores, homes e mulleres, o que, sen dúbida, contribúe a fixar poboación e mellorar a calidade de vida en todas as zonas de influencia.

Pivote para rego de millo En total investiranse 2.344 millóns de euros que afectarán a 866.898 ha e 291.024 regantes. O financiamento máximo que se realizará con cargo aos dous Ministerios implicados, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Ministerio de Medio Ambiente, será de 1.873 mill. €, achegando os usuarios a diferenza ata completar o total do investimento proxectado.

Todos estes esforzos realizados desde a Administración, compleméntanse co interese amosado polos propios regantes en manter a competitividade das nosas explotacións de regadío acadando a máxima eficiencia hídrica, e son coherentes co enfoque de xestión de augas asumido pola nova Directiva Marco das Augas, base esencial do ordenamento legal europeo en materia de xestión de augas e cuxo obxectivo central non é outro que recuperar e conservar o bo estado ecolóxico dos ecosistemas hídricos.

Actuacións do Plan de Choque de Regadíos

Noticias