Plan de choque: Financiamento das obras

Para a execución do Programa de Actuacións establécense os seguintes mecanismos de financiamento:

  • Sistema de rego por aspersión en parcela mediante sistema de cobertura total Fondos propios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación previstos nas correspondentes partidas orzamentarias establecidas no capítulo VI da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
  • Financiamento e execución polas Sociedades Estatais de Infraestruturas Agrarias, mediante subscrición de convenios específicos cos usuarios das infraestruturas.
  • Filtro automático de mallas (autolimpante) Financiamento a través dunha encomenda de xestión a TRAGSA, pola que esta procede á execución e prefinanciamento das actuacións relativas á construción de obras de mellora e consolidación de regadíos.
  • Fondos propios do Ministerio de Medio Ambiente previstos nas correspondentes partidas orzamentarias do capítulo VI da Dirección Xeral da Auga e das Confederacións Hidrográficas. O réxime de financiamento destas actuacións estará suxeito ao establecido no artigo 114.2 do texto refundido da Lei de Augas.
  • Pantalla táctil do autómata dunha estación de bombeo Financiamento e execución polas Sociedades Estatais de Auga, conforme ao establecido no seu convenio de xestión directa e previa subscrición de convenios específicos cos usuarios das infraestruturas.

No seguinte cadro resumo pódese apreciar o resumo dos investimentos totais de cada ministerio, a superficie afectada e o aforro estimado de auga.

Táboa de investimentos
Organismo Investimento total (mill. €) Investimento público (mill. €) Superficie (ha) Aforro de auga (Hm3/año)
MAPA 1.017 712 253.035 503
MMA 1.392 1.161 613.863 659
TOTAL 2.409 1.873 866.898 1.162

Estas actuacións afectan a 291.024 regantes.

A desagregación, por capítulos, dentro de cada ministerio aparece nas táboas seguintes:

Tabla de desglose de MAPA
MAPA Investimento total (mill. €) Investimento público (mill. €) Superficie (ha) Aforro de auga (Hm3/año)
Capítulo VI 110,4 55,2 16.672 31,54
Cap. VIII (SEIASAS) 519 394,4 143.327 286,7
Cap. VI (encomenda a TRAGSA) 387,6 261,9 93.036 184,78
TOTAL 1.017 712 253.035 503
Táboa desagregación de MMA
MMA Investimento total (mill. €) Investimento público (mill. €) Superficie (ha) Aforro de auga (Hm3/año)
Capítulo VI 753,5 753,5 452.024 405
Cap. VI (Conf. Hidrográficas) 166,6 125,9 72.475 106
Soc. Estatais Auga 472,3 282,1 89.364 147,42
TOTAL 1.392 1.161 613.863 659
Actuacións do Plan de Choque de Regadíos

Noticias