As obras que se inclúen no Programa de Actuacións terán a consideración de
urxencia a efectos de contratación e tramitación administrativa, sobre todo no
referente á tramitación da avaliación de impacto ambiental, reducíndose
substancialmente o procedemento previsto na mesma.
Todas as actuacións referidas que contempla o Real Decreto están declaradas de interese xeral ou incorporadas nos Plans Hidrolóxicos da correspondente cunca, polo que levarán implícita a declaración de utilidade pública e, nos supostos previstos no Texto Refundido da Lei de Augas aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos, aos fins de expropiación forzosa e ocupación temporal.
Os expedientes de contratación precisos para o desenvolvemento das actuacións previstas
neste Real Decreto, terán a consideración de urxentes aos efectos previstos no artigo
71 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado por
Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
Se por circunstancias que fixese inviábel a realización dalgunha infraestrutura fose necesario modificar o Programa de Actuacións, o centro xestor correspondente formulará a oportuna proposta ao Ministerio competente, quen resolverá sobre a substitución dunha infraestrutura por outra xa declarada de interese xeral ou incluída no correspondente plan de cunca, e de similares características, sempre que asegure o cumprimento dos mesmos obxectivos.
A tramitación dos proxectos das actuacións someterase ao Real Decreto Lexislativo
1302/1986, do 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental, modificado pola Lei
6/2001, do 8 de maio.
Os proxectos promovidos e autorizados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación incluídos no Anexo 11 do Real Decreto lexislativo 1302/1986 deberán presentarse ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, como órgano ambiental incluíndo un documento ambiental do proxecto con polo menos o seguinte contido:
O órgano ambiental resolverá se os proxectos deberán someterse ou non a Avaliación de Impacto Ambiental consultando preceptivamente, polo menos, ao correspondente órgano ambiental das Comunidades Autónomas afectadas.
Tomando en consideración as especiais circunstancias do presente Real Decreto, aplicarase unha tramitación de urxencia pola cal se reducirán á metade os prazos establecidos no procedemento ordinario. Non obstante, no caso de ter que someter o proxecto a información pública, o prazo para formular alegacións non poderá ser inferior a vinte días.