Os proxectos das actuacións, contemplarán unha partida orzamentaria para actuacións
ambientais que permitan realizar as medidas de protección, corrección ou compensación
ambiental que se establezan como consecuencia das resolucións ditadas en cada caso
polo órgano ambiental. Para aqueles orzamentos non contemplados no Anexo I do RDL
1302/1986, tamén se preverá unha partida orzamentaria para actuacións de recuperación
ambiental.
As Comunidades de Regantes beneficiarias destas obras, efectuarán as súas expensas o
seguimento ambiental da zona que se mellora e consolida, sobre todo no referente a
vertidos e contaminación difusa producida polo uso de produtos fitosanitarios,
facilitando á Administración Ambiental toda a información que esta lle requira.